Letras de Galicia
Letras de Galicia, Galician Books e Letras da Galiza son webs creadas especialmente para promover a proxección internacional do mercado do libro galego e ampliar o coñecemento e a presenza da literatura de Galicia en todo o mundo.
Trátase, por tanto, de páxinas pensadas para as necesidades e intereses dun público internacional especializado que queira afondar na nosa literatura e coñecer as accións de promoción exterior relacionadas coa mesma. Cada unha das tres versións diríxese a espazos lingüísticos diferenciados. Letras de Galicia en español, Letras da Galiza, para o mundo lusófono, e Galician Books orientado ao resto dos mercados.
A información equivalente á verquida en Letras de Galicia, pensada en clave galega, pode atoparse no portal
Praza das Letras. Un proxecto ideado para conter e dinamizar o coñecemento do noso discurso literario, crítico e documental e como fornecedor dun espazo que integre isto coa industria editorial que lle dá soporte.
Malia ter audiencias diferenciadas, ambos os dous espazos comparten algúns dos seus contidos. Así, as seguintes informacións achegadas desde Galician Books / Letras de Galicia / Letras da Galiza poden atoparse tamén en
Praza das Letras:
A web
Praza das Letras busca xuntar o coñecemento e dinamizar a actividade social, creativa e económica do sector do libro e da lectura en Galicia. Quere ser a parte visíbel dunha estratexia no mundo real para potenciar, mediante a difusión de contidos, a industria editorial de noso.